31 enero 2005

Hug me, hug me again…

E as notas de chuvia caían sen cesar. Ashur non entendía nada. ¿que ía entender? Quedouse paralizado, mirando a súa nai chorar, tirada sobre as escaleiras de madeira que levaban ata a súa casa.

Mamai...

Chovía, e a noite comezaba a caer sen remedio. A súa nai levantou a ollada e atrapouno entre os seus brazos, mentres murmuraba palabras incomprensibles co inglés que gardaba para as máis duras situacións. El sabía que a Forza vencera, que todo ía ir ben... A carta tiña que explicalo todo.

In my dreams of gold....


Hai catro días que sei o que ía suceder. Non sei como pero notaba como as follas da miña árbore favorita comezaban a secar. Subido nas tres táboas que conforman o meu pequeno agocho penso no capitán Snei. Devezo porque chegue pronto Daila, ¡Hai tantas cousas lle quero contar! Custáme gardar aquel segredo tan grande. Hai catro días que mirei ó ceo e vin pasar aquel autovoador co sinal do Sorriso. Pronto seu pai, un espía do exército da Forza, levaríao ata a nave do capitán Snei, el llo prometera a última vez que se viran. E Daila ten que estar presente. ¡Tan namorada! Garda todos os recortes que atopa sobre el nunha caixa de debuxos de grecas e de cores apagadas. Papá está a chegar e mamai frega nerviosamente unha cazola oxidada. Esta vez sei que vai en serio. Brincou da plataforma e pegou unhas carreiras arredor do xardín, estirando os brazos como podía, inclinando a cabeza cara adiante. Cando sexa piloto como papá voarei ata as nubes. Chegarei máis alá das nubes, ata que todo sexa azul. Voarei ata as Américas de onde mamai viu e logo levareina comigo. E o capitán Snei irá ó meu carón e sorrirá, igual que na bandeira do Sorriso, feliz das miñas proezas.


-¿Pero de onde sacaches esta foto?
-Deuma...- mirouna de esguello e imitou o Sorriso...- un amigo de meu pai. Tamén é spy, e para que non o prendan, ven unha vez á semana ataviado de basureiro e a altas horas de mañá. Pero eu ben vin dende a miña fiestra como deixaba baixo á alfombra uns documentos para miña nai. Cando marchaba baixei a escudriñar, e collinche a foto para ti, Daila.
-Pero.. se garda algunha mensaxe secreta... ¡Teu pai non poderá léela!
-Dóeme que non saibas que teño todo pensado. Había dúas ¿Ou que pensas? Os espías teñen que coidarse do que fan, se deixan só unha copia podería perderse.
-Vouna gardar na miña caixa... ¡Gracias! Pero teño que contarche unha cousa, Shur... Estou preocupada. Meus pais non me dixeron nada, pero creo que pasa algo. Están todo o día recollendo cousas, pero así como quen disimula.
-¿ E para que ían disimular que limpan? Ou...
-¿Que? ¿Sabes algo?
- O outro día escoitei no transmisor que me deixou meu pai que seica dun Laboratorio Militar escapou un maín.
-¿Un que?
-Un maín. Son pequenas criaturas experimentais. Modifícanos xeneticamente de modo que poden retransmitir o que se di ó seu redor a un punto concreto, coma micrófonos animais. Son do tamaño dunha mosca e van dando brincos dun lado a outro.
-¿E que pensas que pode pasar entón?
-¡Daila! Está ben claro.. A Forza soltounos por ahí de modo experimental, e seguramente sabendo que teu pai traballa como administrador coa Loita, seguro que algún anda pola túa casa e ¡estanos destruíndo!
-¡Hai que medo! ¿e ti crees que pode haber moitos? A min os bichos danme noxo. ¿Non entrarán na miña habitación?
-Non sei, pero imaxino que irán para a de teus pais...
-Mais vale. ¿Déixasme o reproductor? Quería volver a escoitar algunha mensaxe do capitán Snei... Como en casa non podo...

Ashur mirou os seus ollos tan claros e brillantes. Cando chegara seu pai, xogarían os tres a perseguir o tempo.
 Posted by Hello

No hay comentarios.: