02 abril 2005



aNeLiM

Solamente esto se pode definir como arte... Son Eros e Psique, paradigma do amor, polo menos para min, dende unha perspectiva superbe, superior incluso a unha parella de namorados baixo a torre Eiffel en París, a cidade do amor, compartindo unha nube de azucar rosa, formando un corazón con seus corpos.. (Sei do k falo, si..)
aNeLiM

Ni nuestro ángel Amélie...... [MaGa..Vacaciones de un minuto..]
aNeLiM

Primeiro, foi un lóstrego.

A lúa estaba ateigada de estrelas aquela noite. Podía vela reflectida no espello da súa dereita, entrando directamente pola porta do balcón. Maxina fora sempre o agarimo máis grande que podía acariñar o seu corazón. Naquel intre sentíaa perfecta. Os seus ollos, húmidos e fermosos, cravados no seu propio rostro, estaban cargados de odio e de xenreira. As rubias fazulas brillaban pola fervenza das bágoas. Os seus beizos vermellos tremían e parecían resoar no seu interior coma axóuxeres distantes. Bailaba unha perla ensanguentada sobre eles. Cun bico que ela foi incapaz de rexeitar limpou a culpa asfixiante. Soltou os pulsos de boneca xa violetas, maltratados pola presión. Botou unha gargallada contida e deixouna alí rota, amando á soidade.

Para Maxina Galiza amencía realmente radiante a través do balcón que daba á Ponte de Rande. Dende o recuncho onde estaba sentada pretendía confundirse co branco virxinal da parede. Pero as pingas de sangue esparexidas pola parede facían que se perdera aquela sensación. Xa non era capaz nin de pechar os ollos. Acostumaba a facelo, tras pechar tódalas fiestras, porque a escuridade ás veces, mesturada con tragos de vodka, facía que ata o peor dos pesadelos se esvaecese pouco a pouco. Realmente, pensaba mentres abotoaba con mans trementes a súa desgastada camisa, o sol reflectíase nas bateas e na auga dun modo especial aquela mañá. Sen sabelo, o Atlántico estaba a reconfortala cun manto de tranquilidade que outras veces tiña medo de ollar de frente. Verteu a última bágoa inxusta e tras limpala co dorso da man deu grazas a Galiza e tomou unha determinación que antes se agochara confusa tralos ollos da violencia.

Cando o trono chegou, a bolboreta fuxiu asustada dos pétalos daquel monstro.

aNeLiM